23 de outubro de 2017

PECHAMOS AS INSCRICIÓNS

Hoxe luns 23 de outubro, e a menos de 48 horas do comezo das xornadas, pechamos as inscricións.

Se tedes calquera dúbida podedes usar o formulario presente no blog na sección "TES DÚBIDAS?" para comunicarvos con nós.

comeza a conta atrás... en 10,9,8...

Vémonos o mércores, moitas grazas pola vosa colaboración.


18 de outubro de 2017

RETRANSMISIÓN DAS XORNADAS EN STREAMING

A Deputación da Coruña habilitará unha canle na súa páxina web, para a retransmisión en streaming das Xornadas de Servizos Sociais; informaremos no seu momento sobre como e cando acceder á plataforma para poder seguir o seu desenvolvemento de forma on-line.

accede ao streaming das xornadas a través deste enlace:

Streaming Directo



16 de setembro de 2017

CARTAZ DAS XORNADAS

Aquí vos deixamos o cartaz das xornadas, en breve colgaremos o programa definitivo.